InicioSociedadeTres novos falecidos en Lugo pola covid nos últimos días

Tres novos falecidos en Lugo pola covid nos últimos días

Os tres eran usuarios de residencias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A terceira onda comeza a remitir en contaxios, pero está no seu máximo pico no que ten que ver coas mortes. Este mércores a Xunta volveu comunicar a morte doutras 37 persoas nos últimos días (22, 28,30, 31, 2 e 3 de febreiro), o que supón a segunda maior cifra tras os 40 aos que se chegaron este mesmo luns. De feito, só nos tres ultimos días o Sergas comunicou xa a morte de 105 persoas.

En Lugo houbo tres falecidos, os tres usuarios de residencias de anciáns. Trátase dunha muller falecida o 30 de xaneiro  na residencia Nosa Sra. Do Carme de Sarria, outra de 92 morta o 2 de febreiro no HULA pero procedente deste centro e unha muller de 84 anos que faleceu no Hospital da Mariña pero procedía do Asilo de Ribadeo.

Novamente, A Coruña segue sendo a provincia máis golpeada pola epidemia, especialmente, as áreas de Ferrol, Santiago e A Coruña que acumulan 22 novos mortos. A seguinte provincia máis afectada é Ourense, con seis falecidos.

Na área de Vigo faleceron catro persoas, na de Lugo outras tres e na de Pontevedra, dous. Do total de falecidos, sete eran usuarios de residencias de anciáns. Todos os mortos, segundo o Sergas, tiñan patoloxías previas.

Esta é a lista facilitada polo Sergas:

Día 22 de xaneiro:
Home de 93 anos. Falece na residencia Paz e Ben de Tui.

Día 28 de xaneiro:
Home de 77 anos. Falece no seu domicilio da Área Sanitaria de Vigo.(Tui)

Día 30 de xaneiro:
Home de 87 anos. Falece na residencia  Nosa Sra. do Carmen de Sarria.

Día 31 de xaneiro:
Muller de 92 anos no HM A Rosaleda-A Esperanza de Santiago de Compostela.

Día 2 de febreiro:
Muller de 86 anos no CHUAC.
Muller de 92 anos no HULA (procedente da residencia  Nosa Sra.  do Carmen de Sarria).
Home de 82 anos no CHUAC.
Home de 73 anos no CHUF.
Home de 72 anos no CHUS.
Home de 93 anos no CHUAC.
Home de 87 anos no CHUAC.
Home de 77 anos no CHUF.
Home de 78 anos no CHOP.
Home de 89 anos no CHUS.
Home de 80 anos no CHUAC.
Home de 75 anos no CHUO.
Home de 72 anos no CHUF.
Muller de 77 anos no CHUO.
Muller de 93 anos no CHUAC.
Muller de 84 anos no Hospital da Mariña (procedente da residencia Asilo de Ribadeo).
Muller de 55 anos.Falece na residencia Pai  Menni de Betanzos.

Día 3 de febreiro
Muller de 85 anos no CHUS.
Home de 79 anos no CHUF.
Home de 83 anos no CHUVI.
Muller de 90 anos no CHUO.
Home de 91 anos no CHUS.
Home de 60 anos no CHUAC.
Home de 84 anosno CHUF (procedente da residencia  DOMUSVI LARAXE de Cabanas).
Muller de 95 anos no CHOP.
Home de 72 anos no  CHUVI.
Muller de 80 anos no CHUO.
Muller de 79 anos no CHUO.
Muller de 83 anos no CHUAC.
Home de 89 anos no CHUO.
Home de 89 anosno CHUF.
Home de 79 anos no CHUAC.
Home de 73 anos no CHUAC.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...