O Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión deste luns, 18 de xaneiro, elevar ao nivel máximo as restricións aos concellos de Vigo e Pontevedra, logo da revisión da evolución epidemiolóxica da covid-19 en toda Galicia.
Así mesmo, o Comité clínico decidiu tamén subir ao nivel máis alto de restricións outros 54 concellos de Galicia, dos queTres deles están na provincia de Lugo. Todos eles na zona da Mariña. Trátase de Burela, Cervo e O Vicedo. Outros 12 están na área sanitaria da Coruña e Cee; 3; 5 na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 5 na de Pontevedra e O Salnés; 10 na de Vigo; 10 na de Santiago de Compostela e Barbanza e 9 na de Ferrol.
Estes concellos son, na área coruñesa, Betanzos, A Laracha, Sada, Abegondo, Cabana de Bergantiños, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Muxía, Oza-Cesuras, Sobrado e Vilasantar. Na área sanitaria de Lugo son Burela, Cervo e O Vicedo e na área ourensá, Celanova, Porqueira, Ribadavia, Trasmiras e Vilar de Santos. No referido á área de Pontevedra os concellos que soben ao nivel máis alto de restricións son A Lama, Catoira, Forcarei, Meis e Moraña.
En canto a área sanitaria de Vigo, márcanse máximas limitacións tamén nos concellos de Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, Arbo, A Cañiza, As Neves, Crecente, Mondariz e Salceda de Caselas. Na área sanitaria compostelá colócanse no nivel máis alto de restricións Ordes, Teo, A Baña, Negreira, Padrón, Rois, Dodro, Touro, Arzúa e Silleda, mentres que na área de Ferrol, engádense ao grupo Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Mugardos, Neda, San Sadurniño e Valdoviño.
Tras sumar estes 56 concellos, Galicia pasará a ter 116 municipios no nivel máximo de restricións, o que supón un 72% do total da súa poboación.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
Tres novos concellos de Lugo terán máximas restricións pola covid
Os tres están na Mariña.
PUBLICADA O