InicioSociedadeA Xunta intervén a residencia de Vilalba ao detectar 132 positivos

A Xunta intervén a residencia de Vilalba ao detectar 132 positivos

A Xunta de Galicia vén de intervir o centro para reforzar o persoal e trasladará a parte dos usuarios á residencia integrada de Santiago.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia vén de intervir a residencia de maiores de Vilalba ante a situación orixinada polo gromo de coronavirus. Se ben esta mañá se comunicaban trinta casos, Sanidade e Política Social notifican agora 132 positivos neste centro.

Nun comunicado remitido aos medios, a Xunta de Galicia informa de que se confirmaron 114 positivos entre os usuarios da residencia e outros 18 entre os traballadores.  Parte dos residentes contaxiados serán trasladados á residencia integrada posta en marcha no Cegadi, en Santiago de Compostela.

A medida de intervir o centro foi tomada para “reforzar o persoal e garantir a calidade asistencial”, segundo explican. “Un equipo da Consellería de Política Social e outro do Servizo Galego de Saúde están xa desprazados no centro para facer un seguimento permanente sobre a situación dos residentes, así como para vixiar a correcta aplicación das medidas de prevención, seguridade e hixiene fronte á covid-19 aprobadas pola Xunta de Galicia”, indican.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...