Seguen os descensos de casos na área sanitaria de Lugo

Baixan en dez os casos activos.

Test COVID-19 en Galicia | David Cabezón / Xunta de Galicia

O falecemento dunha muller de 83 diagnosticada con coronavirus que parmanecía ingresada no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol eleva a 755 as vítimas mortais con covid en Galicia, que detectou outros 217 novos positivos nas últimas 24 horas. Con todo, na área sanitaria de Lugo houbo un pequeno descenso de casos activos.

A morte desta muller, que presentaba patoloxías previas, súmase a outro tres decesos confirmados en hospitais galegos dos que informou a Consellería de Sanidade na tarde do sábado. Trátase de tres homes de 93, 89 e 87 anos que estaban ingresados no Hospital de Lugo, no Complexo Hospitalario de Ourense e no Complexo Hospitalario de Santiago, respectivamente. Todos eles presentaban patoloxías previas.

Así as cousas, segundo a última actualización de Sanidade ofrecida na mañá deste domingo, Galicia detectou 217 novos positivos, un máis que os identificados a xornada anterior. Deste xeito, o número de casos activos na comunidade sitúase en 4.038 (54 menos que o sábado) despois de que 267 persoas recibisen o alta e deixasen de computar como pacientes afectados por covid.

Os casos activos baixan en todas as áreas sanitarias coa excepción de Ourense, que ten 55 casos activos máis que o sábado ao alcanzar os 946.

No resto, descenden o número de persoas diagnosticadas con covid, especialmente nas áreas de Pontevedra (33 menos ata os 689) e na Coruña (819, 29 menos que 24 horas antes). Santiago ten 530 (17 menos), Vigo conta con 445 (15 menos), Lugo ( dez menos) e en Ferrol hai 116 (5 menos).

Así mesmo, ata a data, Galicia realizou 504.922 PCR fronte ás 499.201 que contabilizaba este venres, o que implica que en 24 horas fixéronse 5.721 probas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here