InicioSen categorizarPiden cinco anos para un adestrador deportivo que abusou dunha menor

Piden cinco anos para un adestrador deportivo que abusou dunha menor

Os feitos aconteceron entre xullo de 2015 e xaneiro de 2017.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Fiscalía solicita cinco anos de prisión para un adestrador deportivo acusado de abusar sexualmente dunha menor durante un ano e medio entre xullo de 2015 e xaneiro de 2017. O caso procede do xulgado de Mondoñedo e chega a xuízo arrinca o vindeiro xoves 24 na Audiencia de Lugo.

Segundo o escrito do Ministerio Público, o acusado valeuse da súa condición de adestrador para iniciar unha relación cunha das xogadoras, menor de 16 anos, á que someteu a abusos sexuais de forma continua durante 18 meses.

Ademais da pena de prisión e outros cinco anos de liberdade vixiada, a Fiscalía pide unha orde de afastamento de 500 metros e a prohibición de dirixirse á vítima durante un período de 6 anos, ademais da inhabilitación para exercer postos ou actividades que impliquen contacto con menores e unha indemnización á agredida de 6.000 euros.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...