InicioSen categorizarA Vicepresidencia da Deputación de Lugo aposta por institucionalizar o Día da...

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo aposta por institucionalizar o Día da Galicia Mártir cun acto en Sarria

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pretende institucionalizar o Día dá Galicia Martir con actos programados para este luns a partir das 20,00 horas na Vila de Sarria; unha ofrenda floral e unha conferencia do historiador Rafael García, na Casa da Cultura dese municipio, ademais da actuación do grupo Raiceira que amenizará o evento.

O deputado de Memoria Histórica da Deputación de Lugo, o nacionalista Efrén Castro, en declaracións a Europa Press, sinalou que o que pretenden é “que este día estea institucionalizado” para falar “un pouco de memoria histórica”. Así, dixo que quere que “en toda Galicia” se aproveite este día para falar deses “mártires que tanto fixeron porque vivamos nunha democracia”.

O evento, a partir das 20,00 horas, será “íntimo” e tentando cumprir “o obxectivo de divulgar o que pasou nese tempo”, ademais de “contar a historia como foi”, sinalou Efrén Castro, nun “acto moi bonito”.

Estaba previsto que todos os actos forna no murallón de Santa Mariña, pero só será alí a ofrenda floral, xa que o resto trasládase pola metereoloxía adversa á Casa da Cultura, onde se manterá “a distancia de seguridade”, como comentou o deputado provincial.

Para Efrén Castro quedan “moitas accións por desenvolver” xa que, comentou, “hai moitos corpos aínda nas cunetas” e moitas “medallas e recoñecementos institucionais de asasinos que hai que retirar”. “Hai que contar ben a historia”, sentenciou e empezar a “compensar os agravios sufridos”, concluíu.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...