Unha reunión familiar, a orixe do novo gromo de 10 casos en Cospeito

O foco estaría limitado a ese núcleo familiar, segundo o Sergas.

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) vén de comunicar que detectou outro gromo de coronavirus COVID-19 na área sanitaria de Lugo, con dez casos que se atoparían na área de Cospeito. Segundo informaron por parte da área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, trátase dun brote xurdido como consecuencia dunha reunión familiar que “parece acoutado a ese núcleo” con 10 casos positivos detectados.

Na área de Lugo na actualidade tamén se rexistra un brote no municipio de Castro de Rei (Lugo), vinculado a un xornaleiro, que se mantén con seis casos positivos despois de realizar o Sergas PCR a todo o persoal da empresa para a que traballa o caso inicial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here