InicioSociedadeSeguen remitindo os casos da Covid-19 na área de Lugo: 12 positivos...

Seguen remitindo os casos da Covid-19 na área de Lugo: 12 positivos menos

O número de positivos na área de Lugo é de 171 casos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus en Galicia descendeu en sete ata os 238 este mércores, con 12 menos na área de Lugo, onde se rexistra un brote na Mariña, e tres máis na da Coruña e outros dous máis en Vigo. As persoas curadas incrementáronse respecto ao martes ata as 10.979, o que supón 14 máis.

Así se reflicte nos datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, que sinala que do total de pacientes positivos, mantéñense en seis os que permanecen en unidades de hospitalización convencional e un na UCI, mentres que 231 atópanse en seguimento domiciliario, sete menos respecto da xornada pasada.

Dos 238 casos positivos, 171 corresponden á área de Lugo –12 menos–; 26 á da Coruña e Cee –tres máis–; 15 á de Santiago e Barbanza –igual–; 14 á de Vigo –dúas máis–; catro á de Ourense –sen cambios–; un á de Ferrol –igual– e sete á de Pontevedra –igual–.

Dentro do total de casos rexistrados en Galicia hai un vinculado con centros residenciais, segundo concreta Sanidade, que corresponde a un traballador, mentres as residencias seguen sen usuarios infectados.

Sanidade apunta que, ata a data, curáronse en Galicia 10.979 persoas e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 223.514 fronte ás 220.603 contabilizadas ata este martes, apuntou Sanidade.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...