InicioDeportesO lucense Santi Gegunde renova coa S.D. Compostela

O lucense Santi Gegunde renova coa S.D. Compostela

PUBLICADA O

- Advertisement -

O dianteiro lucense Santi Gegunde renovou coa Sociedade Deportiva Compostela, de Terceira División, por unha tempada máis. Santi chegou ao equipo santiagués en 2016 procedente do C.D. As Pontes, polo que cumprirá a súa terceira campaña no Compostela.

Santi Gegunde, de 24 anos, marcou 19 goles nestas dúas tempadas na S.D. Compostela. Marcou 9 goles no campionato 2016-17 e 10 na edición 2017-18. Na primeira campaña xogou como dianteiro centro e na segunda como mediapunta. Cómpre subliñar o seu gol dende o medio do campo ante a S.D. Negreira no estadio San Lázaro. Tamén participou moito na elaboración do xogo e goles para os seus compañeiros.

Santi Gegunde formouse no Club Deportivo Lugo. Tamén xogou no C.D. Narón.

Por outra banda, foi recoñecido polo seu xogo limpo ao descartar marcar un gol a porta baleira pola lesión do porteiro rival no campo do Alondras C.F.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...