InicioSociedadeO alcalde de Abadín declara na Fiscalía polo retraso dunha obra que...

O alcalde de Abadín declara na Fiscalía polo retraso dunha obra que dificultaba a mobilidade dunha veciña

Unha muller de Abeledo, exrival política de López Rancaño, sufriu durante anos dificultades para acceder á súa vivenda por mor dunha barreira arquitectónica que o alcalde non arranxaba.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O alcalde de Abadín, José María López Rancaño, prestou declaración na Fiscalía de Mondoñedo como investigado por retrasar unha obra para eliminar unha barreira arquitectónica que dificultaba o acceso á vivenda dunha veciña de Abeledo con mobilidade reducida.

A denuncia fora presentada por un grupo creado polo Sindicato Labrego Galego para apoiar a esta veciña, que necesita unha cadeira de rodas para moverse. Segundo informaron a Efe fontes do SLG, o problema comezou no ano 2013, cando ao asfaltar a pista que pasa por diante da citada casa, o firme da calzada quedou a unha altura superior ao domicilio da muller.

Malia as continuas queixas e protestas, o rexedor de Abadín retrasou durante seis anos a execución da obra. Segundo comentara a propia afectada en El País no 2019, os motivos podían apuntar a “represalias” contra a súa actividade política en formacións diferentes á do alcalde.

Finalmente, a obra executouse o mes pasado, pero López Rancaño estaba citado hoxe a declarar como investigado na Fiscalía de Mondoñedo por un suposto delito de “prevaricación por omisión”. O alcalde confesou a EFE que confía en que todo “saia ben” e lembrou que “a obra está feita, certificada e acabada, con pleno consentimento polas dúas partes”. EFE

ÚLTIMAS

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

A nave calcinada de Mazoi “non tiña licenza de actividade” nin a solicitou segundo o Concello de Lugo

A nave de reciclaxe da parroquia de Mazoi, alugada pola empresa Contemar, que resultou...