InicioSociedadeA Deputación amplía o prazo para solicitar o plan de emprego xuvenil...

A Deputación amplía o prazo para solicitar o plan de emprego xuvenil ‘Prende!’

Mozas e mozos de entre 16 e 30 anos poderán formarse nos sectores de hostelería e turismo, agricultura e gandería, enerxías renovables ou xestión forestal. Tamén se beneficiarían dun período de experiencia laboral nunha empresa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a ampliación do prazo de inscrición no plan de emprego xuvenil ‘Prende! Bota raíces no rural’. Deste xeito, as solicitudes poderanse enviar ata o vindeiro 20 de xaneiro.

A voceira provincial socialista, Pilar García Porto, explicou que esta decisión partía do feito de que o período previsto inicialmente coincidía coas datas de Nadal. Así, agardan que máis mozas e mozos poidan formalizar as súas solicitudes para participar nun programa que pretende fomentar o emprego da xuventude e fixar poboación no medio rural.

O proxecto está dirixido á rapazada de entre 16 e 30 anos que cumpra os seguintes requisitos: estar en situación de desemprego e estar anotado no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil; non ser estudante; e estar empadroado nalgún dos 58 concellos lucenses que participan no programa. De entre todas as solicitudes, serán seleccionadas un total de 60 persoas que poderán desfrutar dun período de formación e outro de experiencia laboral.

Os sectores nos que se traballará serán o das enerxías renovables (que se impartirá na Mariña);  hostalería e turismo (Ribeira Sacra); xestión forestal (A Montaña); e agricultura e gandería (zona centro). Por cada xornada de formación de cinco horas o participante recibirá 14 euros e a Deputación entregará un diploma de asistencia ao remate desta fase.

Na etapa de experiencia laboral, a Deputación concederá axudas a empresas deses sectores para que contraten durante oito meses os mozos e mozas que recibiron a formación. Á súa vez, as traballadoras e traballadores percibirán como mínimo 900€ ao mes. Ademais, a aqueles participantes no programa que decidan emprender, concederáselles unha axuda de 5.510€.

As persoas interesadas poden inscribirse de forma presencial no Pazo de San Marcos ou a através da sede electrónica. 

FOMENTO DA CONTRATACIÓN INDEFINIDA

Por outra parte, Pilar García Porto tamén anunciou unha modificación no programa Ilumin@ co obxectivo de fomentar a contratación indefinida nas empresas enerxéticas. Así, as empresas licitadoras que conten con máis contratos indefinidos entre o seu cadro de persoal terán maior puntuación.

O programa Ilumin@ supoñerá a renovación de preto de 3.200 puntos de luz nos 38 concellos lucenses que decidiron sumarse. Co plan prevese unha redución do consumo en máis de 450.000 quilovatios ao ano, o que, en termos económicos, implica un total de 62.000€.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...