InicioSen categorizarA Xunta renovará San Eufrasio, a travesía con maior tráfico da provincia

A Xunta renovará San Eufrasio, a travesía con maior tráfico da provincia

A diario pasan por esta estrada uns 10.000 vehículos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Conselleria de Infraestruturas e Mobilidade licitou na plataforma de Contratos Públicos de Galicia as obras de renovación da travesía de San Eufrasio, no municipio de Lugo, a vía autonómica que soporta nesta provincia unha maior densidade de tráfico, dado que a diario pasan por esta estrada uns 10.000 vehículos.

Trátase dunha vía urbana que se corresponde coa saída da LU-530, a vía autonómica que comunica a cidade de Lugo coa capital do municipio da Fonsagrada.

É un tramo duns tres quilómetros e medio de lonxitude, que parte da estación de ferrocarril de Lugo e chega á ligazón coa Autovía do Noroeste (A-6).

As obras de acondicionamento deste vial teñen un orzamento de 334.000 euros e o prazo de execución é de 5 meses.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...