Aprobado “definitivamente” o Centro Integral de Saúde de Lugo

Xa se publicou un anuncio previo á licitación o pasado mes de outubro no Diario Oficial da Unión Europea, para que todas as empresas interesadas tivesen acceso á documentación, coa finalidade de axilizar o proceso de licitación.

Recreación do proxecto de Centro de Saúde Integral do barrio da Residencia | Xunta de Galicia
Recreación do proxecto de Centro de Saúde Integral do barrio da Residencia | Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia aprobou “definitivamente” o proxecto de construción do Centro Integral de Saúde de Lugo, o primeiro que comezará a funcionar na comunidade autónoma, despois dun investimento previsto de 11 millóns de euros por parte da Consellería de Sanidade.
Segundo informou a Delegación Territorial @de la Xunta de Galicia en Lugo, a Consellería de Sanidade xa tramitou o proxecto para reformar o antigo Hospital Materno-Infantil, incluído no complexo do vello Xeral Calde, e convertelo no primeiro Centro Integral de Saúde de Galicia. Por tanto, unha vez “obtidas todas as autorizacións precisas”, ese proxecto foi remitido “á Axencia Galega de Infraestruturas, que xa comezou a tramitar o expediente para licitar a obra nas próxima semanas”.
A Xunta de Galicia xa publicou un anuncio previo á licitación o pasado mes de outubro no Diario Oficial da Unión Europea, para que todas as empresas interesadas tivesen acceso á documentación, coa finalidade de axilizar o proceso de licitación. A Consellería de Infraestruturas tamén redactou o proxecto de demolición da vella lavandería e da central térmica do Hospital Xeral, para liberar espazo e deixar baleiro o solar no que será construída a central de biomasa que abastecerá ao complexo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here