Que é LX?

Lugo Xornal é o primeiro gran xornal dixital en galego da zona central da provincia de Lugo. Centrado na capital tenta abordar a actualidade política, económica, cultural, deportiva e social de todas as comarcas do centro da provincia. Prestará especial atención aos movementos sociais, ao medio ambiente e ao patrimonio e tentará tamén dar voz aos pequenos concellos das comarcas da Fonsagrada, A Ulloa, Ancares, Meira e Terra Cha. Ademais, será o primeiro medio galego en internet desde a época do precursor Vieiros en informar sobre o que acontece nas zonas galegofalantes do Bierzo, un espazo cultural, social e económico que sempre tivo relación coa provincia de Lugo.

Amais, este novo medio informará do resto da provincia grazas ás novas que lle achegarán os outros dous medios irmáns, Xornal da Mariña, que informará sobre as comarcas do norte de Lugo e Xornal de Lemos, que informará da zona sur da provincia. Lugo Xornal é un medio propiedade de Xornal de Lugo, S.L., e estará asociado a GC (www.galiciaconfidencial.com), o principal medio dixital en galego e un dos máis importantes no panorama mediático de Galicia, que lle dará soporte informativo, comercial e técnico. Todos estes medios contan cun acordo para intercambiar información e publicidade.

Este medio conta cos xornalistas Óscar Bernárdez Pérez, na área de información política, cultural e social e de Millán Gómez Pérez, na área de Deportes. Tamén colaboran Ramón González Rey, Pilar Vázquez Prieto, Vanesa Gómez Lourido, Xurxo Salgado, Alberto Quián e Moncho Mariño.

Contactos Lugo Xornal:
Óscar Bernárdez: redaccion[@]lugoxornal.com
Millán Gómez: deportes[@]lugoxornal.com