InicioPolíticaO PP promove unha iniciativa para censurar a alcaldesa de Lugo por...

O PP promove unha iniciativa para censurar a alcaldesa de Lugo por “incumprir o 90% de acordos plenarios”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do Partido Popular levará ao próximo pleno unha proposición para que a corporación local censure á alcaldesa da cidade, Lara Méndez, por “o incumprimento reiterado das proposicións acordadas” en sesión plenaria “durante o actual mandato”.

O portavoz do PP, Antonio Ameijide, criticou que o goberno local, presidido por Lara Méndez, incumprise no últimos catro anos o “90% dos acordos plenarios”, o que supón “unha falta de respecto”.

Nese sentido, denunciou que das 107 propostas aprobadas en pleno desde o inicio do actual mandato a iniciativa do PP, “só cinco foron executadas e noutras seis déronse avances mínimos”.

“Demostra unha alarmante falta de traballo por parte do equipo de Lara Méndez, xa que o goberno local nin sequera abordou os 96 restantes”, precisou.

Tamén criticou que a alcaldesa tomase o camiño “da soberbia e a prepotencia” para gobernar “en minoría absoluta”.

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa a PSOE e BNG de apostar pola privatización nas residencias de Lugo

O PPdeG acusa a PSOE e BNG dun "modelo privatizador" nas residencias da provincia...

Condenada por trapichear con dous gramos de cocaína en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano e medio de cárcere a...

Detidos os dous membros dunha parella por agredirse mutuamente en Lugo

A Policía Local de Lugo detivo na madrugada do martes aos dous membros dunha...

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...