InicioPolíticaO responsable de Turismo na Deputación demanda o viceportavoz do PP por...

O responsable de Turismo na Deputación demanda o viceportavoz do PP por calumnias

Eduardo Vidal presenta unha demanda "de conciliación" a Carlos Armesto, logo de que este o acusase de falsidade documental, no relativo ás rutas fluviais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado responsable da área de Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal, presentou unha demanda “de conciliación” no xulgado de instrución número un de Lugo ao viceportavoz do PP na institución, Carlos Armesto, logo de que este o acusase de falsidade documental, no relativo ás rutas fluviais.

Tal e como anunciara no último pleno Vidal, a ameaza cumpriuse despois de que Armesto non se desdixese desa acusación de “falsidade documental no relativo aos permisos para o desenvolvemento das rutas fluviais”, a través dos distintos catamaráns cos que opera o goberno provincial na Ribeira Sacra.

O deputado de Turismo, que presentou el mesmo a demanda de conciliación que podería acabar na vía penal se finalmente non se produce unha rectificación, advirte que “non” vai consentir ” que por motivos políticos se exceda o límite da mentira”, que se lle “calumnie, inxurie e acuse de falsificar documentos” no exercicio das súas funcións”.

Así as cousas, incidiu en que, ao non mediar “rectificación”, viuse obrigado a “tomar accións legais”. Ademais, avanzou que está disposto a acudir á vía penal.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...