Lara Méndez presentará o venres as 24 persoas que conforman a súa candidatura

A lista terá que ser referendada pola asemblea do grupo socialista local e, posteriormente, pola Executiva provincial, a dirección galega e Ferraz.

Lara Méndez | Óscar Bernárdez

EFE.- A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentará este venres 29 de marzo ante a asemblea do PSOE local a lista das 24 persoas que conforman a súa candidatura para continuar co goberno da cidade despois das eleccións municipais de maio.

Fontes socialistas informaron a EFE de que a rexedora local presentará os nomes desa lista un día antes, o xoves, á Executiva Provincial do PSdeG, pero ao día seguinte, o venres pola noite, esa candidatura completa buscará o referendo da asemblea. De feito, ao tratarse de listas abertas, outros afiliados pódense presentar no transcurso da asemblea -aínda que terían que comunicalo con antelación- para tratar de formar parte da candidatura.

Despois da votación, na que se ratificará -ou non- a lista presentada por Lara Méndez será a propia aspirante a que tomará a palabra para falar sobre a candidatura. A lista que saia da asemblea terá que ser referendada posteriormente pola Executiva Provincial, a dirección galega e Ferraz

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here