InicioPolíticaO PSOE di que o pacto entre Martínez e o PP en...

O PSOE di que o pacto entre Martínez e o PP en Suplusa podería ser irregular

O goberno da Deputación invesigará o pacto entre Manuel Martínez e o Partido Popular polo que o deputado díscolo pasará a cobrar 57.000 euros anuais de SUPLUSA

PUBLICADA O

- Advertisement -

O voceiro do Goberno Provincial da Deputación, Álvaro Santos Ramos, valorou este venres o feito de que o Partido Popular aprobase «a creación dunha nova masa salarial» en SUPLUSA co voto en contra dos representantes do PSOE no Consello de devandito organismo. Santos salientou que «como o PP xa non pode pagar favores políticos en B, porque son culpables de corrupción tal e como dixo a xustiza, agora faino en A, gastando 100.000 euros de todos os lucenses, de fondos públicos dos veciños».

O tamén secretario xeral dos socialistas lucenses referiuse así ao acordo polo que Manuel Martínez –deputado apartado polo PSOE por pactar supostamente co PP– pasará a cobrar 57.000 euros anuais de SUPLUSA. Tamén suporá a contratación dun asesor por outros 41.000 euros.

«Hai moitos anos que existe SUPLUSA e nunca houbo salarios, pois é un organismo que depende a Deputación de Lugo e os seus responsables son deputados, que xa teñen unhas retribucións regradas polo Pleno Provincial en base as súas diferentes responsabilidades nos órganos do organismo provincial», apuntou.

Segundo o representante do ente provincial, «este cambio débese ao interese do PP de deixar de utilizar SUPLUSA como un ente instrumental da Deputación para convertelo nun ente ao servizo do Partido Popular, que bloquee a apertura das residencias en colaboración coa Xunta, que entorpeceza a execución de determinados proxectos e que faga oposición ao Goberno da Deputación».

«O acordo do PP deixa en clara evidencia que esta formación política, que é culpable de corrupción, é capaz de gastar os recursos públicos necesarios de todos veciños dende calquera administración na que teña representación para os seus intereses partidistas».

«Dende o Goberno da Deputación non podemos descartar ningunha opción de resposta –dixo Santos–, pois non podemos consentir o manexo caprichoso das institucións e dos fondos públicos de todos os cidadáns. É unha cuestión de decencia, de ética, de dignidade e de servizo público. Hai advertencias de que o acordo PP podería ser irregular. Dende SUPLUSA se está bordeando a legalidade».

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...