InicioPolíticaOs socialistas amosan con cifras a desidia da Xunta na provincia de...

Os socialistas amosan con cifras a desidia da Xunta na provincia de Lugo

Os socialistas fan balance do investido pola Xunta dende o ano anterior á chegada do Partido Popular ao goberno galego e das contas para o ano vindeiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

Cinco días despois de analizar o esqueleto dos novos orzamentos autonómicos, os socialistas fan balance do investido pola Xunta de Galicia na provincia de Lugo dende 2008, derradeiro exercicio completo da administración de Emilio Pérez Touriño. As cifras son elocuentes, con proxectos inconclusos, prazos de execución dilatados ata o extremo, e partidas fraccionadas e insuficientes para abordar as grandes promesas.

Con Alberto Núñez Feijóo instalado en Monte Pío, o pulo inversor do goberno galego en Lugo descendeu dramaticamente. Isto implicou deixar programas de infraestruturas sen asignación, recortes en equipamentos e retrasos nas iniciativas que seguiron adiante. Grandes plans estratéxicos quedaron en suspenso por decisión da Xunta, coma o Plan Paradai, a Intermodal e a Ronda Leste de Lugo, ou desdobramento do corredor entre Nadela e Sarria. As comarcas da Fonsagrada, Os Ancares ou Chantada quedaron sen novos investimentos.

Como resultado, o ritmo de gasto da Xunta na provincia reduciuse no global da década en dous terzos. As licitacións das contas de 2017 –as máis próximas dispoñibles dentro dos estudos empresariais– non resisten a comparación con 2008, cunha abraiante contracción do noventa por cento no orzamento para Lugo. De 209 millóns, a apenas 21.

Retrasos e peores equipamentos

O secretario xeral dos socialistas lucenses, Álvaro Santos | Óscar Bernárdez
O secretario xeral dos socialistas lucenses, Álvaro Santos | Óscar Bernárdez

Neste contexto, as obras licitadas polo executivo socialista sufriron importantes retrasos tralo traspaso de poderes: o corredor de Sarria a Monforte de Lemos tardou seis anos en completarse, e a Vía de Alta Capacidade entre Celeiro e San Cibrao executouse a quilómetro por ano, sen incluír a variante de Viveiro.

A estas demoras hai que engadir a falta de dotacións no Hospital Universitario Lucus Augusti, do que detraeron 21 millóns de euros en equipamento, así como as partidas incompletas para o desenvolvemento dos accesos do Porto Seco de Monforte, con 11 millóns pendentes, ou o proxecto da nova Residencia, para o que tamén faltan 11 millóns nos orzamentos plurianuais, dun total de 19 contemplados.

“Sen vergonza”

Segundo os socialistas de Lugo, para que a Xunta acadase o nivel de compromiso do goberno precedente tería que incluír conceptos por valor de 81 millóns de euros. Nese sentido irán as enmendas que o PSdeG plantexará nos encontros comarcais. E como fixera hai cinco días, o secretario provincial da formación volveu a descualificar a Feijóo. “Dixen que hai que ser ben sen vergonza para presumir destes orzamentos para Lugo, e ratifícome”, comentou Álvaro Santos.

Carballo: “Na Federación non queremos molestar, pero ás veces hai que facelo”

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...