InicioPolíticaA Deputación de Lugo pide apostar por un sistema educativo "ben financiado"

A Deputación de Lugo pide apostar por un sistema educativo “ben financiado”

José Tomé acudiu á presentación do libro 'O Ensino na Terra de Lemos nos séculos XIX e XX', co que colabora o entre provincial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, chamou este xoves a traballar “firmemente” nun sistema educativo “ben financiado” durante a presentación do libro ‘O Ensino na Terra de Lemos nos séculos XIX e XX’, co que colabora o entre provincial.

Na obra, o autor, Pedro Gómez, fai un repaso pola historia do sistema educativo do sur da provincia lucense. Segundo destacou Tomé, Gómez “coñece desde todos os puntos de vista posibles a evolución e a realidade do sistema educativo, como profesor, inspector de Educación ou como responsable de cargos autonómicos relacionados coa organización educativa”.

“Por iso, nas páxinas deste libro asómase a gran historia do noso sistema educativo, pero tamén as pequenas historias persoais de profesores, mecenas, reformadores educativos e alumnos”, indicou o presidente. Para el, este libro ten que servir para reflexionar de novo sobre a necesidade de apostar firmemente polo ensino “público, universal e de calidade”, así como pola necesidade de investir no ámbito educativo.

Por outra banda, a Deputación de Lugo é estes días a entidade anfitrioa do III Seminario de Intercambio de Experiencias Turísticas, un encontro promovido polo Eixo Atlántico que se celebra este xoves e venres para favorecer o impulso deste sector en Galicia e no norte de Portugal.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...