InicioA UlloaMonterrosoAntonio Gato volverá optar á alcaldía de Monterroso como independente

Antonio Gato volverá optar á alcaldía de Monterroso como independente

Asegura que volve á política por peticións de terceiros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O exalcalde de Monterroso, Antonio Gato, anunciou que volverá presentarse ás eleccións municipais do municipio o próximo ano en calidade de “independente”. En 2019 xa formara unha candidatura, Independentes por Monterroso, tras o que deixou a Alcaldía un ano despois por desencontros cos seus compañeiros de partido.

Previamente fora alcalde baixo as siglas do PSOE desde 1999 ata 2015. No 2018 deuse de baixa no partido. Agora, Gato anunciou que regresa á política municipal, no municipio que o viu nacer hai 77 anos, “respondendo a unha serie de persoas” que o animaron a repetir e “coa idea de enfocar o futuro de Monterroso dunha forma máis clara do que está”. O obxectivo que persegue é “recuperar Monterroso para o conxunto de concellos da Ulloa, do suroeste lugués e volver situar” ese municipio “no lugar no que sempre estivo, e velar polos intereses dos veciños”.

En principio, o que durante catro lexislaturas fora deputado autonómico co PSdeG prevé armar unha “candidatura independente”. No entanto, apuntou que está “aberto” a “falar con todo o mundo que expoña conversacións sobre o futuro de Monterroso”.

“Esperamos ir camiñando na formación desa vía, sen rexeitar ningún tipo de oferta que puidese presentarse. O que buscamos é o benestar dos cidadáns e iso é o que prima sobre todas as cousas”, concluíu Antonio Gato, que tamén foi portavoz socialista na Deputación de Lugo no marco do mandato do popular Francisco Cacharro.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...