InicioPolíticaSenadores do PP denuncian a eliminación de frecuencias ferroviarias con Lugo

Senadores do PP denuncian a eliminación de frecuencias ferroviarias con Lugo

Nun comunicado, os populares trasladan que senadores da formación instarán o Goberno de Pedro Sánchez a reparar "o grave dano que está a causar aos usuarios do sur da provincia con tal política de recortes".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Senadores do PP denunciaron que Renfe “segue eliminando frecuencias ferroviarias en Lugo”. “Agora tócalle ao sur da provincia, cuxos usuarios ven prexudicados polos cambios nos horarios das liñas que chegan da Coruña e Vigo, modificados coa escusa da chegada da alta velocidade ferroviaria”, afearon.

Nun comunicado, os populares trasladan que senadores da formación instarán o Goberno de Pedro Sánchez a reparar “o grave dano que está a causar aos usuarios do sur da provincia con tal política de recortes“.

Segundo sosteñen, estes cambios “provocaron que o organismo ferroviario dependente do Estado abandonase as cidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo con San Pedro do Sil (Pantón), Areas (Sober), Canabal (Sober), Monforte de Lemos quedando fóra de liña polas tardes, así como A Pobra do Brollón e San Clodio-Quiroga, xa que a única ligazón que segue operativo sae de Vigo ás 13:55 horas e chega ás 17:20 horas a San Clodio”.

Un percorrido, advirten, “que tamén leva unha hora e media máis que realizar nun vehículo particular”.

Neste sentido, subliñan que os trens da Coruña e Santiago con conexión en Vigo foron “moi utilizados polos universitarios do sur de Lugo que estudan nas devanditas cidades, especialmente os venres pola tarde, momento no que regresaban a as súas casas para pasar o fin de semana”. “Agora Renfe déixaos sen esta posibilidade“, lamentan.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...