InicioPolíticaJosé Tomé aspira a liderar o PSOE de Lugo para que sexa...

José Tomé aspira a liderar o PSOE de Lugo para que sexa “determinante” nas eleccións autonómicas

Dá paso adiante para facerse co control do PSOE na provincia, proceso no que tamén competirá o alcalde de Castrovedre

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte, José Tomé, anunciou este luns que competirá no proceso interno para elixir o novo secretario xeral do PSOE na provincia co obxectivo de consolidar e mellorar os resultados da formación nas próximas eleccións municipais de 2023.

Tomé escolleu a sede do PSOE en Monforte para facer pública unha decisión que no partido xa se daba por feita nos últimos días. O anuncio ten lugar dous días despois de que o comité provincial do PSOE de Lugo aprobase o calendario para do Congreso da provincia que terá lugar o próximo 20 de febreiro e que inclúe a celebración de primarias o 30 de xaneiro. De cara a este proceso interno tamén avanzou a súa intención de presentarse o alcalde de Castroverde, Xosé María Arias.

O presidente da Deputación, que rexistrará a súa candidatura o vindeiro mércores, fixo pública a súa intención acompañado por todos os membros do goberno local. “Aquí é onde desenvolvín gran parte da miña traxectoria política, tanto na parte orgánica, como institucional”, sinalou.

Tras destacar que “grazas ao traballo de todos e de todas” os socialistas de Monforte conseguiron levar o PSOE ás “cotas máis altas de apoio electoral e de representación municipal na historia” explicou á militancia os motivos polos que se presenta a este proceso interno. Así, dixo que quere trasladar toda a “experiencia política positiva, tanto orgánica como institucional, ao conxunto da provincia e levar ao PSOE ás máximas cotas de apoio electoral e de representación institucional”. “Porque iso será bo e iralle mellor á provincia de Lugo”, apuntou.

Para iso, propón “unha estrutura orgánica, un modelo de funcionamento e un proxecto político que consolide e que mellore os resultados” que hoxe teñen na provincia de cara ás próximas eleccións municipais. “Que toda esta forza municipalista sirva de panca de impulso para contribuír e ser determinantes para lograr o cambio na Xunta en 2024, porque, despois doutra etapa de 16 anos do PP á fronte da Xunta, Galicia necesita dun goberno liderado polo PSOE“, sinala.

Tomé, que subliña que “Lugo foi determinante nas primarias do PSdeG”, apela aos socialistas tamén a ser “determinantes” nas próximas eleccións autonómicas e estatais. Así, como punto de partida, lembrou que o PSOE goberna a Deputación de Lugo, e goberna ou cogobierna 31 concellos na provincia.

“A provincia de Lugo necesita ao PSOE, un PSOE forte”, sostivo nunha intervención na que agradeceu o traballo da executiva saínte liderada pola secretaria xeral, Patricia Otero.

DEFENDE UN PARTIDO “QUE NON SE MIRE O EMBIGO”

“É o momento de darlle impulso ao PSOE na provincia”, dixo, para asegurar que para conseguilo expón “trasladar ao partido toda a súa experiencia, capacidade de traballo, de organización, de propostas e de dinamismo”. “Quero un partido que non se mire o embigo, quero que mire para o futuro e para os lucenses”, apuntou para reivindicar un PSOE “forte, unido e integrador”, que “garanta o intercambio de ideas e de comunicación entre a militancia, dándolle participación aos alcaldes e alcaldesas e portavoces no seu labor diario”.

José Tomé, que lembrou o seu papel na elección de Valentín González Formoso como novo secretario xeral do PSdeG, destacou que un “alicerce fundamental” do seu proxecto será “activar, dinamizar e, sobre todo, apoiar” as agrupacións municipais.

Ademais, comprometeuse a ensanchar as bases do partido, ofrecer asesoramento técnico e político aos socialistas para facer o seu traballo diario nos concellos e a fomentar a participación para que o PSOE de Lugo funcione como “unha canle de comunicación permanente, aberto, capaz de escoitar e de dar resposta”. “Dou este paso desde a seriedade e o rigor, co aval da miña experiencia”, destacou.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...