InicioPolíticaDeputados do PP de Lugo denuncian a "vulneración" dos seus dereitos por...

Deputados do PP de Lugo denuncian a “vulneración” dos seus dereitos por parte do goberno provincial

Fixérono ante a Valedora do Pobo da que buscan o amparo por considerar que se vulneran "de forma grave" os seus dereitos e, en consecuencia, que a oposición poida levar a cabo o seu traballo de fiscalización.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular de Lugo denunciou ante a Valedora do Pobo a “vulneración” dos dereitos de dous deputados aos que o goberno provincial de Lugo “non permitiu” o acceso ás instalacións do antigo fogar de Santa María.

Nun comunicado remitido aos medios, os populares lucenses sinalan que, por segunda vez neste mandato, buscan o amparo da Valedora do Pobo por considerar que se vulneran “de forma grave” os seus dereitos e, en consecuencia, que a oposición poida levar a cabo o seu traballo de fiscalización.

Tras presentar unha queixa na sede da defensoría galega en Santiago, o portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, mostrouse convencido de que esta denuncia adiante tras a negativa do goberno provincial a deixarlles entrar nestas instalacións recentemente inauguradas e onde se atopan servizos como os de Recadación.

“Esta negativa do goberno provincial é un atentado contra os dereitos dos deputados e contra os dos traballadores, porque esa negativa afectou a un traballador da deputación”, manifestou para censurar que o goberno provincial trate de “silenciar ao PP”.

Por último, Castiñeira avisa de que o PP non permitirá ao socialista José Tomei “esta lamentable actitude ditatorial, especialmente cando se coartan dereitos”. “Por tanto, vémonos obrigados a presentar unha queixa máis ante a Valedora do Pobo“, sinala.

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...