InicioLugo e contornaO PSOE de Lugo irá ao Congreso de Valencia cunha lista "consensuada...

O PSOE de Lugo irá ao Congreso de Valencia cunha lista “consensuada e paritaira”

Serán 12 integrantes, seis homes e seis mulleres.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, destacou a lista “consensuada” que lidera e que presenta o PSOE provincial de Lugo para o congreso nacional que se celebrará en Valencia do 15 ao 17 de outubro.

Un proxecto de doce, “seis homes e seis mulleres”, onde se incorpora entre outros á alcaldesa da cidade, Lara Méndez, como número dous, ao secretario de organización do PSdeG e presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, e á secretaria provincial, Patricia Otero, entre outros.

Tomé explicou que el mesmo confeccionou dita lista “para ir a este congreso”, e que foron os seus propios compañeiros os que lle pediron que a “encabezase”. “Recolle o conxunto de compañeiros que representan o territorio, o sete comarcas en que ten dividida a provincia o PSOE e tamén aquelas persoas con representación institucional como a alcaldesa de Lugo, o presidente da confederación ou a secretaria provincial, máis tres suplentes”.

Tomé destacou que non se lle presentou “ningún problema” na confección da candidatura e que tampouco tivo “ningunha queixa de ningún compañeiro”, para concluír que acudirán a esta cita congresual “co ánimo de ser útiles” e co obxectivo de tratar de que “a provincia de Lugo salga fortalecida orgánicamente”.

 

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...