InicioComarca da FonsagradaBaleiraAlcaldes lugueses do PP piden ao Estado unha "estratexia nacional" ante o...

Alcaldes lugueses do PP piden ao Estado unha “estratexia nacional” ante o peche de oficinas bancarias

Na liña do expresado pola Xunta tamén este marte, demandan "unha normativa coordinada".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os alcaldes do PP na provincia de Lugo reclamaron ao Goberno central que leve a cabo unha “estratexia nacional” para paliar o peche de oficinas bancarias nos concellos menos habitados. Este martes, os rexedores de Cervo, Baleira, Bóveda, O Incio, As Nogais e Paradela e o tenente de alcalde de Guntín mantiveron un encontro coa deputada e presidenta provincial do PP lugués, Elena Candia, para abordar o problema xurdido do peche de oficinas bancarias en municipios do rural.

Os populares, na liña do expresado pola Xunta nunha carta remitida ao Goberno central tamén este martes, demandan a elaboración dunha “estratexia” a nivel estatal para facer fronte a esta situación, que “supón un impacto negativo” para o desenvolvemento do territorio.

Candia avanzou que esta reclamación será levada ás institucións, onde os poulares defenderán a necesidade de que exista “unha normativa coordinada coas administracións autonómicas, provinciais e locais” que blinden “o acceso da poboación a estes servizos.

“Debe ser o Goberno de España o que, a través do Banco de España, esixa ás entidades bancarias cocientes de prestación de servizo moito máis inferiores”, incidiu Candia, que ve necesario esta medida para “garantir uns servizos financeiros mínimos e a igualdade de condicións no seu acceso tanto para a poboación urbana como para a do rural”.

ÚLTIMAS

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...

Rexeitamento da Deputación de Lugo á instalación da planta Altri en Palas

A Deputación de Lugo manifestou a súa oposición á planta de Altri no municipio...