InicioPolíticaO BNG pide axudas directas para as empresas do Ceao afectadas polo...

O BNG pide axudas directas para as empresas do Ceao afectadas polo lume

A líder nacionalista reclama que tanto a Xunta como o Goberno central "arrimen o ombreiro" porque "non estamos no momento de perder nin un só emprego".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou este xoves o polígono industrial do Ceao para coñecer in situ os danos provocados polo incendio do pasado domingo. Demandou axudas directas para as seis empresas afectadas, pois avisa de que están en xogo máis de cen postos de traballo.

A zona do Ceao na que se propagou o lume aínda está sometida á “refrixeración” para evitar que se volvan reproducir as chamas, ademais de haber reténs de policía e bombeiros a modo de control

Así, Pontón subliñou que “noutro tipo de incendios, as fábricas tiveron axudas directas; e é lóxico que, neste momento, esa sexa a disposición da Xunta de Galicia e do Goberno central“. “Creo que deberían non só con préstamos, senón con axudas directas para que non se perda nin un só emprego e que este incendio non deixe ningún tipo de perda de actividade económica”, apremou.

“Van necesitar axudas para que estas empresas sigan adiante, e todas as administracións van ter que arrimar o ombreiro porque non estamos no momento de perder nin un só emprego, nin en Lugo, nin noutro lugar“, reivindicou Ana Pontón.

A líder nacionalista reuniuse con varios dos empresarios afectados e confesou que “impactan as imaxes das naves afectadas”. “Visto en vivo, unha dáse conta da gravidade do incendio e do perigo que houbo neste polígono”, afirmou.

Igualmente, Pontón aproveitou para “facer un recoñecemento persoal aos que traballaron na extinción do lume, porque a súa profesionalidade fixo que se atallase o máis rápido posible e se evitase unha catástrofe maior”.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...