InicioPolíticaO BNG propón en Lugo destinar 1.180 millóns á dixitalización no sector...

O BNG propón en Lugo destinar 1.180 millóns á dixitalización no sector público e privado

Ana Pontón participou nun acto na Mosqueira no que tamén Rubén Arroxo denunciou a falta de infraestruturas na provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG propuxo este mércores en Lugo, nun acto na Mosqueira, a creación do Consorcio Galego para a Capacitación e as Competencias Dixitais, para que o que sería necesario destinar 1.180 millóns de euros dentro dos fondos de reconstrución da Unión Europea bautizados como Next Generation.

A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, acompañada de cargos nacionalistas, subliñou que dentro desta estratexia téñense que sumar “tanto a Xunta, as universidades como as propias administracións locais, para poder conseguir unha xigantesca mobilización de recursos humanos e tecnolóxicos que permitan situar a Galicia na vangarda da dixitalización tanto no sector público como no privado”.

A creación de dito Consorcio poderíase pechar coa asignación de 1.180 millóns de euros “ata 2027 para poder desenvolver cinco grandes proxectos de dixitalización; capacitación da poboación, capacitación das empresas, do ensino e da cultura“, entre outros, debullou a líder do BNG.

Tamén defendeu que se destinen 350 millóns de euros para o desenvolvemento de “tecnoloxías intelixentes” e a expansión do 5G, e reivindicou, ademais, a “importancia de que “o galego este presente nesta dixitalización” baixo o programa ‘Vida Dixital en Galego’ onde as tecnoloxías e os asistentes de voz sexan no idioma da comunidade.  

NECESIDADES ESPECÍFICAS

Previamente, o tenente de alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, puxo o acento nas “necesidades específicas” da cidade e no “importante déficit e atraso” das súas infraestruturas.

“Como pode ser que no ano 2021 Lugo sexa a única cidade galega que non se conecta coa capital (Santiago) nin por autovía, nin por ferrocarril? É algo inadmisible”, censurou.  Tamén criticou que a autovía Lugo-Ourense só estea “feita nun oito por cento do seu trazado”. “É moi importante abrir o debate para que se poña Lugo no mapa”, concluíu Rubén Arroxo.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...