InicioPolíticaO PP provincial chama á "unión" cidadá fronte aos "incumprimentos" na chegada...

O PP provincial chama á “unión” cidadá fronte aos “incumprimentos” na chegada do AVE

Convocan a plataforma 'Lugo, non perdas o tren' logo das declaracións da presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP provincial de Lugo convocou á plataforma ‘Lugo non perdas o tren‘ para o vindeiro luns, na sede do partido, unha vez analizadas as manifestacións realizadas pola presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera. Fan unha chamada á “unión de todos, con coherencia e responsabilidade” fronte aos “incumprimentos” nos servizos ferroviarios.

Segundo trasladan nun comunicado os populares, Pardo de Vera “faltou á verdade ao dicir que non había nada feito antes da súa chegada”. Fan referencia ás declaracións da presidenta de Adif sobre o estado do proxecto Lugo-Ourense nunha entrevista concedida ao xornal El Progreso.

“Isabel Pardo de Vera leva cinco anos, desde 2016, ocupando cargos de alta responsabilidade no ente. De feito, era directora xeral de Adif cando en abril de 2018 se comprometeu o final das obras para 2021. Tres meses despois foi nomeada presidenta de Adif. Por tanto, todos os desvíos acumulados no cronograma da chegada da alta velocidade a Lugo son a súa responsabilidade directa”, esgrimen no comunicado.

Tamén lembraron que o actual ministro de Transportes, José Luís Ábalos, “prometera nun acto en Lugo da precampaña electoral das xerais de novembro do 2019 a chegada da alta velocidade a Lugo para o ano 2021″.  “Pero, a día de hoxe, non hai ningunha obra relevante en marcha e, tal e como anticipou o presidente da Xunta, a súa chegada non se producirá ata 2024″, lamentaron os populares lucenses.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...