InicioPolíticaFernández Liñares, condenado a cinco anos de cárcere por suborno e prevaricación

Fernández Liñares, condenado a cinco anos de cárcere por suborno e prevaricación

O expresidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil tamén queda inhabilitado durante 20 anos para exercer un cargo público.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a cinco anos de cárcere por suborno e prevaricación ao expresidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), Francisco Fernández Liñares, que foi xulgado xunto a nove empresarios.

O tribunal tamén lle impuxo a inhabilitación para desempeñar un emprego ou cargo público durante 20 anos, así como o pago dunha multa de 7.200 euros, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Esta é a primeira peza separada da macro operación bautizada como ‘Pokémon’ e que xulgou as comisións que cobraba ou recibía por parte de empresarios que, a cambio, obtiñan concesións de obras da Confederación. Oito dos nove xulgados recoñeceron na vista que entregaran contías ao agora condenado.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...