InicioLugo e contornaLugoJosé Tomé, tras o arquivo da causa polo financiamento do Breogán: "foi...

José Tomé, tras o arquivo da causa polo financiamento do Breogán: “foi unha persecución política”

A causa xa foi arquivadas en 2013 polo propio xulgado de instrución número 3 de Lugo, pero aínda así a xuíza de Lara volveu abrila en 2016.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, expresou a súa “satisfacción” pola decisión do xulgado de Instrución número 3 de Lugo de arquivar outra peza separada da operación Polbo, a referida ás axudas da institución provincial ao equipo de baloncesto Breogán e asegurou que se tratou dunha “persecución política“.

Nun comunicado remitido aos medios, José Tomé lembrou que “tamén foron arquivadas as pezas correspondentes a un exame de oposición, as adxudicacións a empresas e as axudas ao fondo social dos traballadores provinciais, todas promovidas pola xuíza Pilar de Lara durante os mandatos de José Ramón Gómez Besteiro como presidente da institución”.

O presidente provincial subliña que “cada paso que dá a xustiza demostra que a actuación da deputación non merece reproche xudicial algún e que a operación Polbo foi unha operación política en toda regra”. “Afortunadamente, a xustiza está a corrixir os seus propios erros, cometidos por unha persoa que nunca debeu de actuar así (por Pilar de Lara), tal e como están a dinamitar os xulgados de maneira clara e concluínte”, destacou.

A investigación sobre as axudas ao Breogán, como lembrou, xa foi arquivadas en 2013 “polo propio xulgado de instrución número 3 de Lugo, pero aínda así De Lara volveu abrila en 2016 e acumulouna á investigación que tiña aberta da deputación”. “Ao facer repartición despois de pasar por varios xulgados, agora, o número 3 volve de novo a arquivar a causa porque non se achegou nada novo: esta causa é exactamente a mesma pola que xa se incoaron (…) sen que nada concreto engadiuse á mesma, di literalmente o auto”, sinala Tomé.

Así as cousas, o presidente provincial destacou que a deputación presenta “unha folla de servizos á cidadanía sen tacha”. “Desde este goberno seguiremos colaborando, como ata agora cos concellos e co tecido económico para mellorar a calidade de vida e benestar dos veciños e veciñas da provincia de Lugo”, conclúe.

ÚLTIMAS

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...