InicioPolíticaO PP pedirá explicacións polo peche da Sala 091 de Lugo

O PP pedirá explicacións polo peche da Sala 091 de Lugo

Barreiro ve a Rajoy como "o mellor presidente" de España, unha persoa "intachable no político e o persoal".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz adxunto do PP no Senado e senador por Lugo, José Manuel Barreiro, eloxiou o legado do ex presidente do Goberno Mariano Rajoy, do que considera que “foi o mellor presidente que España tivo en democracia”.

Así o manifestou ante o xuízo pola caixa B do PP e despois de que compañeiros do partido renuncien a esta “herdanza” política. “Mariano Rajoy foi o mellor presidente que España tivo na historia da democracia. Creo que os feitos o demostran, aí está a situación na que accedeu á presidencia co país crebado totalmente e a situación na que deixou a este país”, resolveu.

Barreiro considera a Rajoy como “unha persoa dunha moral e unha conduta intachable e un exemplo é que é o único ex presidente que saíu do Goberno por unha moción de censura, apoiada en feitos que agora se demostran falsos, e foise ao seu traballo e non foi a nada raro porque ten onde ir (como rexistrador da propiedade)”.

É unha persoa intachable desde o punto de vista político, desde o punto de vista persoal e é unha persoa intachable desde o punto de vista moral. É máis eu creo que é un exemplo e desde logo que para min si que o é”, abundou Barreiro.

SERVIZOS DE LUGO

O senador lucense realizou estas manifestacións despois de anunciar que no Senado pedirán explicacións aos responsables policiais polo peche da sala do 091 en Lugo e o traslado do servizo á Coruña.

É intolerable que a nosa cidade perda un servizo fundamental, un elemento crave para a seguridade. Non podemos admitir iso, e do mesmo xeito que os compañeiros do Congreso pediron a comparecencia dos responsables de interior nós faremos o mesmo no Senado e esixiremos que Lugo manteña un servizo, que insisto é clave para a seguridade e a tranquilidade dos nosos veciños”, subliñou.

“Isto é un exemplo máis da falta de consideración que este Goberno (o central) ten con Galicia en xeral e con Lugo, en particular, e que se viu tamén reflectido nos orzamentos”, criticou.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...