InicioPolíticaA reivindicación do Bierzo como quinta provincia galega xa chega ao Parlamento

A reivindicación do Bierzo como quinta provincia galega xa chega ao Parlamento

O BNG presenta unha iniciativa en colaboración con Coalición polo Bierzo, que pide que se escoite "a voz" dos bercianos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG traerá ao Parlamento de Galicia a reivindicación de Coalición polo Bierzo de que esta comarca reciba a consideración administrativa de provincia, á vez que se solicita á Xunta que manteña a porta aberta a unha posible adhesión do Bierzo á comunidade autónoma de Galicia.

A deputada do BNG María González Albert e o secretario xeral de Coalición polo Bierzo, Iván Alonso, en rolda de prensa | ALX

A iniciativa, que será levada a pleno a través dunha proposición non de lei, pedirá o apoio da Cámara galega á declaración do Bierzo como provincia, unha demanda “con ampla base” social que xorde da “vontade” do “pobo berciano”, como recollen distintos estudos demoscópicos publicados nos últimos tempos.

Os encargados de presentar a proposición foron a deputada do BNG María González Albert e o secretario xeral de Coalición polo Bierzo, Iván Alonso, quen reclamou que “se escoite a voz dos bercianos” e aténdase as súas demandas a través de mecanismos democráticos para o seu recoñecemento como provincia.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa a PSOE e BNG de apostar pola privatización nas residencias de Lugo

O PPdeG acusa a PSOE e BNG dun "modelo privatizador" nas residencias da provincia...

Condenada por trapichear con dous gramos de cocaína en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano e medio de cárcere a...

Detidos os dous membros dunha parella por agredirse mutuamente en Lugo

A Policía Local de Lugo detivo na madrugada do martes aos dous membros dunha...

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...