InicioPolíticaO PP denuncia unha "trama" de "contratos a dedo" na área de...

O PP denuncia unha “trama” de “contratos a dedo” na área de Cultura do Concello de Lugo

O grupo popular acusa o BNG de fraccionar contratos da Cabalgata de Reis para dárllelos a "empresas afíns que non se dedican a estas actividades"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular de Lugo denuncia un “novo chanchullo” nas contratacións que corren a cargo da área de Cultura do Concello. Neste caso, acusan o BNG de fraccionar contratos da Cabalgata de Reis para “dárllelos a dedo a empresas afíns” que “non se dedican a este tipo de actividades”.

O voceiro e vicevoceiro do PP en Lugo, Ramón Carballo e Antonio Ameijide, tachan de “política caciquil” estas actuacións nas que figuran dúas firmas: unha de Lalín (Xescultura) e outra de Cerceda (Urdime).

Aseguran que o BNG intentou “colar” unha proposta para contratar por un prezo de case 60.000 euros unha montaxe a Xescultura, mais ao coñecer que esa operación incumpría a lei de contratos, “cambian de estratexia e deciden fraccionar en sete contratos para empresas afíns”. Os populares critican, así mesmo, o “derroche de cartos” que supuxo manter as carpas da Horta do Seminario e Augas Férreas máis días dos que finalmente foron usadas.

Para o grupo local do PP, isto é mostra de que “se está tecendo unha trama de contratos a dedo a afíns dende distintas concellerías, pero moi especialmente no departamento de Cultura“. Responsabilizan non só ao BNG, senón tamén á alcaldesa, Lara Méndez, a quen consideran “cómplice desta situación, ben por coñecela e admitila ou ben por descoñecemento”.

ÚLTIMAS

Nova oficina do SEPE en Lugo, pola que pasarán 27.000 veciños ao ano

A antiga Escola de Enfermaría de Lugo acolle a nova oficina do SEPE na...

Conmemoran a batalla do Porto de Bois e reivindican “Altri non”

Coincidindo coa xornada de conmemoración da batalla de Porto de Bois, xuntouse un grupo...

Lugo rexistra un terremoto de magnitude 3.6 que se fixo notar

Un terremoto de magnitude 3,7 na escala de Richter con epicentro en Sarria foi...

Un policía local de Lugo fóra de servizo practica un RCP e sálvalle a vida

Un policía local de Lugo que se atopaba fóra de servizo practicou unha manobra de...