InicioPolíticaO Concello de Vilalba e a Xunta estudan a construción dun novo...

O Concello de Vilalba e a Xunta estudan a construción dun novo centro de día

O presidente da Xunta e a alcaldesa avaliaron distintos proxectos para o municipio nunha reunión mantida este luns.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, reuníronse este luns para analizar os proxectos de maior interese para este municipio lucense, entre os que destaca a construción dun novo centro de día nos terreos da estación de autobuses e que contaría con financiamento doutras administracións.

Diso informou a Xunta nun comunicado, no que sinala que, en materia de vivenda, Feijóo indicou que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) é propietario de tres edificacións para rehabilitar, nas rúas Arenal, Ferrería e Porta da Cima. Unha vez que se obteña a autorizacion de Patrimonio, Feijóo confirmou que a Xunta encargará a redacción dos proxectos dos dous inmobles de vivendas e a demolición dos restantes.

No tocante ás infraestruturas, o titular do Executivo autonómico referiuse ao reforzo do firme da AG-64, que está en execución, e lembrou que a Administración autonómica está á espera de que o Concello autorice a execución dunha nova parada de autobuses.

En materia económica, Feijóo destacou que Vilalba conta, xunto co concello de Abadín, cun novo taller de emprego, denominado Terra Cha no Camiño. E, no ámbito educativo, confirmou as actuacións de mellora previstas no CEIP Mato Vizoso, que se sumarán ás recentes actuacións levadas a cabo no IES Basanta Silva e no IES Lois Pena.

Sobre o servizo de comedor do EEI de Vilalba, a Xunta sinalou que a mediados de febreiro asinarase o convenio, por un importe de máis de 31.000 euros, incluíndo os meses deste curso e do curso, que sufragará a Xunta.

No referido a a cultura, ambos analizaron a posibilidade de pór en marcha conxuntamente medidas de preomoción do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. E, por último, tamén atendeu á solicitude da alcaldesa de avaliar a mellora da travesía LU-119, lembrando que a Xunta investiu nos últimos anos 1,2 millóns na modernización das travesías LU-126 e LU-118.

En relación coa pandemia, o responsable do Goberno galego destacou a colaboración entre ambas as administracións, coa entrega de material para a loita contra a covid por parte da Administración autonómica. Así mesmo, precisou que, ata o momento, 27 empresas do concello recibiron xa apoios para reactivar a súa actividade, así como axudas no ámbito da dixitalización.

ÚLTIMAS

Nova oficina do SEPE en Lugo, pola que pasarán 27.000 veciños ao ano

A antiga Escola de Enfermaría de Lugo acolle a nova oficina do SEPE na...

Conmemoran a batalla do Porto de Bois e reivindican “Altri non”

Coincidindo coa xornada de conmemoración da batalla de Porto de Bois, xuntouse un grupo...

Lugo rexistra un terremoto de magnitude 3.6 que se fixo notar

Un terremoto de magnitude 3,7 na escala de Richter con epicentro en Sarria foi...

Un policía local de Lugo fóra de servizo practica un RCP e sálvalle a vida

Un policía local de Lugo que se atopaba fóra de servizo practicou unha manobra de...