InicioPolíticaO PP solicita o arranxo inmediato dos baches no paso inferior da...

O PP solicita o arranxo inmediato dos baches no paso inferior da N-540 á altura da Louzaneta

Pídenlle ao Concello e ao Goberno que realice un estudo previo da zona por se houbese algunha fonte subterránea ou unha fuga nas tuberías.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do Partido Popular en Lugo esixe ao Concello e ao Goberno Central que arranxen os baches do paso inferior da estrada N-540 á altura do polígono da Louzaneta. Denuncian que dificultan a circulación e que causan danos nos baixos dos vehículos.

O concelleiro do PP Manuel López explica que se trata dunha reclamación que os veciños e traballadoras da zona xa levan realizando durante meses, ao ser esta a única vía de entrada e saída ás súas vivendas e ao parque empresarial. “Co paso constante dos vehículos e as inclemencias do tempo en inverno o firme cada vez vai a peor, polo que piden solucións inmediatas”, apunta López. “É imprescindible unha actuación inmediata para evitar que teñamos que lamentar calquer tipo de accidente no futuro”.

A existencia dunha corrente continua de auga neste punto pode ser indicativo de que hai unha fonte subterránea, posible orixe dos constantes baches, ou ben de que algunha tubaxe soterrada teña algunha fuga, segundo o PP. Por iso, instan a facer un estudo previo “para non ter que estar a poñer parches periodicamente”.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...