InicioPolíticaJosé Tomé urxe á Xunta a "reformulación" do funcionamento de residencias

José Tomé urxe á Xunta a “reformulación” do funcionamento de residencias

O presidente da Deputación volve ofrecer "compartir" o modelo do ente provincial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, urxe á Xunta de Galicia a que acometa a “reformulación” do funcionamento das residencias de maiores ante o gran número de falecidos pola pandemia.

O tamén alcalde de Monforte lamentou o falecemento o mércores dunha muller no hospital de Lemos, que estaba ingresa na residencia DomusVi do municipio. Para o rexedor, esta última morte “vén pór de manifesto que esta reformulación que agora quere facer a Xunta deste sistema de residencias é urxente”.

Lembra que a Deputación ofreceu ao Goberno galego “en máis dunha ocasión” a “posibilidade de compartir” o seu modelo do ente provincial, no que polo momento non se rexistrou “ningún caso”. “Tocamos madeira”, di.

“Creo que se están facendo uns protocolos con moitas máis esixencias dos que establece a Xunta e a nivel estatal”, di sobre o modelo da Deputación. “Eu ofrézome a facilitar á Xunta toda a información e a colaboración que queira para establecer un modelo no territorio similar ao da Deputación, que creo que será beneficioso para todos, sobre todo para as persoas maiores”, valorou.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...