InicioPolíticaPolémica no Concello de Lugo polo custo da semana cultural que substituíu...

Polémica no Concello de Lugo polo custo da semana cultural que substituíu o San Froilán

O goberno local gastou máis de medio millón de euros para programar actividades en distintos puntos da cidade. O PP considérao un "despropósito".

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE |  O custo da semana de actividades culturais programadas polo goberno local de Lugo para substituír o programa habitual das festas de San Froilán como consecuencia da pandemia orixinou polémica no Concello. A oposición considera este gasto —cifrado en 552.435 euros— como un auténtico “despropósito”.  

Na comisión de festas, que se reunía hoxe no Concello de Lugo, a edil de Cultura, Maite Ferreiro, sacaba peito pola xestión do seu equipo e afirmaba que “a estratexia adoptada para non concentrar o público foi un éxito”, pero “levou implícito un aumento dos custos de produción, dado que houbo que habilitar sete recintos para as actuacións musicais e un oitavo para as mostras de artesanía”.

Por iso, houbo que “multiplicar o número de carpas, valar os recintos e garantir os recursos materiais e humanos” para que os lucenses puidesen “acceder a máis de 125 actividades culturais seguras”.

En total, “a semana cultural do San Froilán supuxo un investimento por parte do Concello de 552.435 euros”, dixo Ferreiro, quen agradeceu a “todas as agrupacións, artistas, empresas e ao persoal do Concello a súa implicación para que o San Froilán fose adiante”.

CRÍTICAS DO PP

Con todo, para o Partido Popular, é “un despropósito que o San Froilán custase 100.000 euros máis que o ano pasado”, a pesar de que non se programaron concertos multitudinarios, o recinto feiral estivo pechado e tampouco houbo casetas do polbo.

A edila popular Beatriz Vázquez asegura que o seu grupo non comprende “o desembolso de medio millón de euros nun sucedáneo de festas”, reconvertido “en semana cultural e que carecía de novidades”.

Ademais, criticou tamén a fórmula elixida polo goberno local para contratar a produción e a seguridade das actividades, dado que “se fixeron a través de contratos menores”, cando hai outras fórmulas “máis beneficiosas e máis transparentes”, que “garantirían a participación de todas as empresas e non só as invitadas polo BNG”.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...