InicioPolíticaNovos recursos xudiciais no caso das Torres do Garañón

Novos recursos xudiciais no caso das Torres do Garañón

Asociación en Defensa de las Cuestas del Parque recorre ao contencioso para esixir a derriba das torres do Garañón

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación en Defensa de las Cuestas del Parque, Marcos Bourio, anunciou que, “debido ao atraso do xulgado do penal”, van presentar unha “demanda de reposición da legalidade” ante o contencioso-administrativo sobre as torres do Garañón, que se sitúan aos pés do parque Rosalía de Castro da cidade de Lugo.

Bourio xustificou dita acción no “atraso do xulgado do penal” nesta causa, iniciada por Pilar de Lara e que recae agora sobre outro xuíz. No procedemento permanecen imputados o exalcalde de Lugo Xosé López Orozco, e o exconcelleiro de urbanismo e exsecretario xeral do PSdeG José Ramón Gómez Besteiro.

“Imos meter unha demanda de reposición da legalidade e derruba (das torres) no xulgado do contencioso e esperamos tela feita esta semana e iniciar esoutra vía para seguir e ver se derrubamos isto dunha vez“, subliñou.

As defensas de Orozco como de Besteiro pediron que se aparte da causa tanto a empresa Malleo como esta asociación, unha retirada do proceso que non contempla Bourio. “Estamos perfectamente lexitimados, en varias ocasións fixéronse intentos de apartarnos, pero somos lexítimos participantes no preito”, subscribe.

Bourio incide en que, nesta nova fase, pedirán que “se derruben esas torres dunha vez, e se volva á situación inicial de antes de que se iniciasen aí os traballos”. O activista veciñal tamén aproveitou para alertar do “perigo” dese “esqueleto urbanístico”, lembrando que “unha persoa caeu desde aí, e organízanse moitos botellóns ou se fan pintadas”. “Vese un perigo grande aí, calquera día pasa unha desgracia pero iso xa non é responsabilidade nosa”, resolveu.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...