InicioSociedadeO Concello destinará 200.000 euros para ampliar e cubrir o parque infantil...

O Concello destinará 200.000 euros para ampliar e cubrir o parque infantil de Augas Férreas

Os traballos contemplan "o acondicionamento, retirada e substitución do pavimento existente por outro de novo caucho amortecido, en toda a zona de xogos". Ademais, se ampla o parque ata os 400 metros cadrados, 160 máis, e construirase unha cuberta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo destinará 200.000 euros á ampliación do parque infantil de Augas Férreas, obra que terá un prazo de execución de catro meses e medio, tal e como avanzou este martes a alcaldesa, Lara Méndez.

Nunha rolda de prensa acompañada polo concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, a rexedora explicou que esta actuación “reivindicada” polos veciños será licitada na xunta de goberno que terá lugar o mércores.

En concreto, os traballos contemplan “o acondicionamento, retirada e substitución do pavimento existente por outro de novo caucho amortecido, en toda a zona de xogos”. Ademais, se ampla o parque ata os 400 metros cadrados, 160 máis, e construirase unha cuberta.

Á devandita zona de xogos infantís incorpórase un “rokodromo”, para a escalada dos máis pequenos, cunha altura total estimada, segundo a alcaldesa, de tres metros.

Lara Méndez volveu a pór de manifesto que con esta obra trátase ” de ampliar espazos para o uso público”, e seguir así “implementando ese modelo de cidade amable, integradora e sustentable” na capital da provincia.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...