InicioPolíticaO PP pide "responsabilidades" polo "bloqueo" dunha ambulancia durante o pintado dunha...

O PP pide “responsabilidades” polo “bloqueo” dunha ambulancia durante o pintado dunha rúa

O feito producíase, segundo explicaron os populares, na madrugada do sábado ao domingo, durante o traslado ao HULA dun enfermo crónico e logo que os operarios retivesen o vehículo durante cinco minutos en Fontiñas durante uns traballos de sinalización viaria desa rúa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O viceportavoz do PP no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, esixiu explicacións e “responsabilidades” ao goberno local polo bloqueo dunha ambulancia polos traballos de pintado en Fontiñas este fin de semana.

O feito producíase, segundo explicaron os populares, na madrugada do sábado ao domingo, durante o traslado ao HULA dun enfermo crónico e logo que os operarios retivesen o vehículo durante cinco minutos en Fontiñas durante uns traballos de sinalización viaria desa rúa.

Ameijide puntualizou que “si ben é normal que se aproveite o horario nocturno para facer este tipo de traballos, o que é surrealista é que se pare un vehículo de emerxencias para que non estraguen a pintura, sen dar unha alternativa de paso ou sen un previo aviso que preveña estas situacións para buscar outra vía alternativa”.

É por iso que o PP da cidade esixe “explicacións e responsabilidades polo sucedido”, ademais de demandar que “o goberno local ofreza, aos servizos de urxencias e emerxencias, unha información diaria tanto dos repintados como dos cortes de vías por outros motivos”.

“É necesaria unha coordinación exquisita cos servizos de emerxencias para que o tráfico flúa e non se repitan incidentes como o vivido este fin de semana. Creo que todos coincidimos en que debe de haber un protocolo de actuación para que non quede en mans do operario de quenda si pode ou non pode pasar un vehículo“, subliñou.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...