InicioPolíticaA alcaldesa de Lugo destaca que os remanentes do Concello superan os...

A alcaldesa de Lugo destaca que os remanentes do Concello superan os 18 millóns de euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, cifrou en 18,5 millóns de euros os remanentes que ten o Concello e que podería utilizar despois de que se liberaron por parte do Goberno central.

Méndez explicou nunha comparecencia que “os remanentes non son unha cantidade fixa e estática e menos nun concello como o de Lugo, que ten as contas saneadas e ten débeda cero”. “E temos a capacidade de facer uso dos mesmos”, valorou.

“No que levamos de mandato levamos catro modificacións de crédito, a última por un importe de cinco millóns de euros e a anterior de seis, con medidas tan importantes e necesarias como ese plan Reanima Lugo que axudo a moitas empresas e autónomos a poder ter aberta a porta dos seus negocios”, concretou.

Ademais, a rexedora incidiu en que “non é un dato fixo, porque máis aló desas modificacións de crédito tamén se tirou de remanentes para ter ao día o pago de facturas pendentes, con pagos de ata 18 millóns de euros para pór ao día esas facturas pendentes”.  “A cifra que podemos estar a roldar agora mesmo (de remanentes) sería de 18,5 millóns de euros, que queremos utilizalos no que queda de ano para seguir atendendo as necesidades” da cidade, sinalou.

PARQUE MULTIFUNCIONAL

Este dato achegouno nunha rolda de prensa, acompañada polo concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, na que presentaron unha nova actuación, aprobada na Xunta de Goberno, que é un “parque multifuncional” na rúa alcalde Xosé Novo Freire.

En concreto, acordouse a licitación, por un importe superior aos 150.000 euros, nunha zona de actuación que comprende 574 metros cadrados e onde se contemplan xogos para os máis pequenos e tamén espazos “biosaludables” para os maiores.

Segundo apuntaron, os traballos poderían comezar a finais de ano e estar concluídos nun prazo de dous meses e medio, que perseguen “unha maior humanización dos espazos públicos”, concluíu.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...