InicioLugo e contornaO presidente da Deputación de Lugo sobre Alcoa: "Non poden pechar e...

O presidente da Deputación de Lugo sobre Alcoa: “Non poden pechar e que lle saia gratis”

Considera que o Goberno ten que "actuar" para "evitar o peche desta empresa e que siga habendo produción en España" de aluminio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, emprazou á dirección de Alcoa a que devolva “o diñeiro que recibiu” en formas de axudas públicas dado que “non cumpriu”, ao situar ás portas dun posible peche á factoría de San Cibrao.

Antes do pleno provincial deste martes, Tomé destacou que “a Deputación deu as liñas polas que se debía de traballar desde o primeiro momento que era, xustamente, mirar cara a Alcoa e non mirar para outros sitios como pedían algúns”, “E agora resulta que tiñamos razón e a quen había que esixirlle era a Alcoa porque non cumprira os seus compromisos, nin de emprego, nin de manter as instalacións a pesar de recibir moitos fondos públicos”, reprochou.

“Se se empeñan en marchar, que se vaian, pero o que non pode ser é pechar e que lle salga gratis. Por tanto, terá que devolver o diñeiro que recibiu dado que non cumpriu”, subliñou.

En canto ao “Estado” ou “Goberno”, apuntou que “ten que mirar todas as posibilidades de que esa empresa non peche a través de mecanismos xurídicos”. “Ten que actuar para evitar o peche desta empresa e que siga habendo produción en España (de aluminio)”, reivindicou.

A continuación lembrou que foi “o Goberno de España o único que puxo solucións encima da mesa cando outros parecían que se apoiaban na pretensión da empresa, o que achegou unha solución dun socio comprador para facer viable a produción de aluminio na costa e manter o emprego ese foi o goberno (central)”.

BNG E PP

Por parte do BNG, socios de goberno dos socialistas na Deputación de Lugo, o seu portavoz, Efrén Castro, apelou á “necesidade de que haxa vontade política por parte da Xunta e por parte do Goberno do Estado para nacionalizar unha empresa“. “Hai diñeiro, hai mecanismos administrativos polo que se podería facer e deixar de permitir que Alcoa se ría de Galicia, do estado español e de todos os traballadores”, defendeu.

O portavoz provincial do PP e ex alcalde de Foz, Javier Castiñeira, recoñeceu que se está “nun momento clave, nun momento moi complexo e quizais no peor momento nos 40 anos de existencia de Alcoa”. “E é moi preocupante para A Mariña e moi preocupante para a provincia de Lugo”, afirmou. “O que queremos dar é unha imaxe de fortaleza política”, concluíu.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...