O vilalbés Emilio Bouza, nomeado portavoz do Grupo Covid-19 da Comunidade de Madrid

Emilio Bouza | Fonte: TeleMadrid

O galego Emilio Bouza, ex-xefe de Servizo de Microbioloxía Clínica e Enfermidades Infecciosas do Hospital Xeral Universitario Gregorio Marañón, foi nomeado portavoz do Grupo Covid-19 da Comunidade de Madrid.

A función deste doutor galego natural de Vilalba será atender “as demandas informativas da sociedade” que deriven deste equipo, que busca “dar seguimento e resposta á evolución da pandemia na Comunidade”.

Desde o Goberno rexional subliñaron a “destacada traxectoria asistencial, científica e investigadora” do doutor Bouza. É experto en Enfermidades Infecciosas e Microbioloxía e fundador da Sociedade Española de Microbioloxía Clínica e Enfermidades Infecciosas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here