InicioPolíticaA alcaldesa de Lugo destaca que axilizou 23 millóns de euros para...

A alcaldesa de Lugo destaca que axilizou 23 millóns de euros para facer fronte á crise da Covid

Dá "os parabéns" ao Goberno de Sánchez "por tentar dar solución" aos remanentes municipais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, destacou este mércores que o concello axilizou 23 millóns de euros para facer fronte á crise da Covid, cinco no plan Reanima e 18 en facturas a proovedores. Así, presumiu de que o Consistorio de Lugo, desde 2017, “afortunadamente ten débeda cero, o cal está a permitir facer uso dos remanentes”.

Neste sentido, lembrou que no concello “xa se fixeron tres modificacións de crédito no que vai de mandato, unha delas eses 5 millóns de euros do plan Reanima para axudar a dar fluidez á economía da cidade”. “O Concello de Lugo segue utilizando os seus remanentes, seguirémolos utilizando. Agora queremos traballar nun plan de reestruturación para a cidade e por tanto seguiremos facendo uso dos mesmos”, incidiu.

En calquera caso, Méndez admitiu que o Concello de Lugo ten uns remanentes “moito máis mermados facendo unha comparativa con outros municipios”. “Cando estivemos na situación de alarma, de confinamento, máis aló de habilitar eses 5 millóns de euros (plan Reanima) para ese fin, fixemos un pago de 18 millóns de euros en axilizar aos provedores o pago das facturas para que tivesen liquidez”, expuxo.

PEDRO SÁNCHEZ

felicitou ao Goberno central que preside o socialista Pedro Sánchez “por tentar dar solución” á problemática asociada aos remanentes dos municipios.

“Creo que hai que darlle o parabén ao Goberno de España, ao Goberno de Pedro Sánchez, por tentar dar unha solución a este problema”, dixo, antes de identificar “a vontade de articular instrumentos para pór a disposición dos concellos os remanentes”.

Méndez celebrou que o Executivo trate de “buscar instrumentos e tentar reverter unha situación” á que, segundo dixo, “abocou o Partido Popular cando gobernou”, debido á coñecida como Lei Montoro. “Seguimos aínda con esa rémora, que nos quitou competencias aos propios concellos tentando tutelar os nosos aforros”, criticou.

A continuación,

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...