InicioPolíticaA alcaldesa traslada o seu apoio aos hostaleiros da Milagrosa comprometendo medidas...

A alcaldesa traslada o seu apoio aos hostaleiros da Milagrosa comprometendo medidas de reactivación

Lara Méndez escoitou as preocupacións do sector, "que son compartidas", dadas as medidas de "especial dureza para un sector con moito peso nesta zona".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este luns un encontro con representantes do sector hostaleiro da Milagrosa para analizar as novas medidas decretadas pola Consellería de Sanidade como consecuencia da evolución epidemiolóxica da COVID-19, e para comprometerse a pór en marcha nun futuro medidas de reactivación que devolvan a confianza á zona.

Durante o encontro, a rexedora trasladoulles a “máxima colaboración” municipal para “tratar, entre todos, de frear o incremento de casos de coronavirus que se detectou nesta zona da cidade”.

Desde o Goberno local, dixo, incrementouse “aínda máis” a vixilancia policial e os labores de limpeza e desinfección intensiva do barrio, coa esterilización do firme, fachadas, paradas e marquesiñas de bus, colectores, papeleiras, varandas e resto de dotacións que se atopan na vía pública.

Así mesmo, a alcaldesa escoitou as preocupacións do sector, “que son compartidas”, dadas as medidas de “especial dureza para un sector con moito peso nesta zona”. “As novas restricións dificultan a actividade da inmensa maioría dos establecementos hostaleiros do barrio, que se viron obrigados a pechar as súas portas, coa consecuente perda de ingresos que isto supón”, apuntou.

Lara Méndez comprometeuse a realizar un seguimento conxunto da situación e avanzoulles aos hostaleiros a súa vontade de pór en marcha novas medidas encamiñadas a restablecer a confianza entre os veciños e clientes.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...