InicioPolíticaA Deputación de Lugo destina máis de 1,5 millóns de euros a...

A Deputación de Lugo destina máis de 1,5 millóns de euros a mellorar a rede viaria provincial

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou este venres, tras a Xunta de Goberno, que o executivo provincial destinará máis de 1,5 millóns de euros en mellora da rede viaria provincial.

En rolda de prensa, Tomé destacou que se trata de traballos “de mellora” en nove estradas provinciais, localizadas nos concellos de Vilalba, e tamén de Chantada, sobre todo. En canto a Chantada, tamén se destinarán 140.000 euros para “corrixir” a situación producida na parroquia de Belesar ao caer “un muro” a dita presa, sinalou.

Polo demais, tamén compareceu a vicepresidenta da institución, a nacionalista Maite Ferreiro, que anunciou a aprobación das axudas de “concorrencia competitiva para entidades culturais, cun orzamento total de 130.000 euros que poderán solicitalas todas as entidades e asociacións culturais da provincia”.

“Este ano establécese que estas entidades ou estas asociacións terán que achegar o cinco por cento de actividades subvencionadas, o resto será achegado pola deputación”, precisou con respecto a estas axudas que oscilarán entre os 300 e os 3.000 euros.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...