InicioPolíticaO BNG reclama "test masivos" no Incio e maior protección nas residencias

O BNG reclama “test masivos” no Incio e maior protección nas residencias

A deputada do BNG, Carme Aira, cualifica de "inadmisible" que se repitan algunhas situacións tras meses de pandemia, o que na súa opinión evidencia a "insuficiencia de protocolos" por parte da Xunta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada nacionalista Carme Aira trasladou este venres as condolencias do BNG a familiares e amigos das dúas persoas falecidas pola COVID-19 usuarias da residencia de maiores do Incio.

A parlamentaria do BNG volveu a esixir, ao tempo, a execución de “todas as medidas necesarias” para garantir a seguridade das persoas contaxiadas nas residencias de maiores ou susceptibles de contaxio co seu traslado ou separación si a situación así o require.

Por outra banda, Carme Aira tamén volveu a demandar “test masivos” no concello do Incio e “un plan exhaustivo de rastrexo para detectar posibles positivos co fin de proceder ao seu illamento”.

A deputada do BNG cualifica de “inadmisible” que se repitan algunhas situacións tras meses de pandemia, o que na súa opinión evidencia a “insuficiencia de protocolos” por parte da Xunta e pregunta cantos rastreadores están destinados a detectar o virus, cantas PCR está previsto realizar na contorna da residencia do Incio e que medidas destinaranse a protexer a persoas non contaxiadas mentres se vela polas asintomáticas.

+ posts

ÚLTIMAS

Celadores do HULA denuncian o colapso de Urxencias este luns

Os e as celadoras do HULA de Lugo informan mediante unha nota de prensa...

O PP provincial pedirá reintegrar os traballadores da antiga Suplusa á Deputación

O PP esixe ao goberno provincial reintegrar na Deputación de Lugo aos traballadores de...

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

O PP de Lugo reclama garantir a seguridade na Milagrosa cunha actuación “firme”

O Partido Popular de Lugo reiterou o seu compromiso co barrio da Milagrosa e...