InicioLugo e contornaLugoBNG e PP piden nacionalizar Alcoa e o PSdeG aposta pola súa...

BNG e PP piden nacionalizar Alcoa e o PSdeG aposta pola súa venda

No pleno deste venres, socialistas e nacionalistas manifestaron as súas diferencias en dúas votacións, a pesar de gobernar xuntos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG e Partido Popular apoiaron este xoves no Concello de Lugo unha moción, presentada polos nacionalistas, para pedir ao Goberno de España a nacionalización da factoría de Alcoa en San Cibrao, unha iniciativa que contou co voto en contra do PSOE ao non ser aceptada unha emenda presentada.

No debate, o tenente de alcalde da cidade, o nacionalista Rubén Arroxo considerou “paradoxal” que en Galicia, onde se exporta enerxía eléctrica ao resto do Estado, haxa que pechar “fábricas” polo prezo da electricidade polo que reivindicou unha “tarifa eléctrica galega” que permita asentar a industria e “crear postos de traballo”.

Pola súa banda, os socialistas presentaron unha moción que foi rexeitada, na que pedían substituír o texto presentado polo Bloque por outro no que se instase á Xunta a que actúe con “lealdade institucional” e que “adopte unha postura de apoio ao Goberno central para obrigar a que Alcoa negocio co grupo investidor interesado na compra da planta de Lugo”.

Os socialistas sinalan que “antes de recorrer á vía da intervención de Alcoa por parte das administracións, a opción da venda debe ser a primeira alternativa na que traballar co obxectivo de darlle viabilidade á empresa a curto e longo prazo para garantir os postos de traballo”.

Nunha mesma sesión plenaria houbo dúas claras desconformidades entre a coalición PSOE-BNG que goberna na cidade de Lugo. A da nacionalización de Alcoa e a do Plan Xeral de Ordenación Municipal, onde nesta ocasión, mentres que PP e PSOE votaron a favor, os nacionalistas en contra. Desde o consistorio lucense insisten en redundar en que a relación do equipo de goberno entre os dous partidos é boa.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...