InicioPolíticaFeijóo recibido como unha estrela futbolística en Lugo tras a súa vitoria...

Feijóo recibido como unha estrela futbolística en Lugo tras a súa vitoria o 12X

A presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, indicou que "foi unha campaña moi difícil, atípica e na que se premiou a xestión, a pesares do acoso que viviron”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente do PPdeG e da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presidiu onte a reunión da xunta directiva provincial de Lugo para analizar os resultados electorais do 12 de xullo nesta provincia, un acto no que recibiu o aplauso dos militantes lucenses despois de cultivar a súa cuarta maioría absoluta consecutiva.

Feijóo lembrou que Lugo non lle fallou tampouco nestas autonómicas atípicas, dado que foi a provincia con maior porcentaxe de voto ao Partido Popular, que conseguiu nove deputados por esta circunscrición, un máis que na pasada lexislatura.

“Foi unha campaña moi difícil, atípica e na que se premiou a xestión, a pesares do acoso que vivimos”, dixo a presidenta provincial do PP, Elena Candia, quen lembrou que “pese ás dificultades foron centos de actos e mobilizamos a máis de 2.000 persoas entres interventores e apoderados”.

“Chegamos ao noveno deputado nunhas elección cun incremento de participación”, precisou Candia.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...